domingo, 18 de marzo de 2018

"O Vigo que [ NON] sorrí"

O VIGO QUE NON SORRÍ


O 7 de Febreiro leváronnos ata a parroquia do Cristo da Victoria, onde puxéronnos unha exposición de fotografías. Na que activistas de diferentes colectivos aportaron esas imaxes , na que é unha obra intinerante do autor Aarón Díez.
A intención desta exposición foi visibilizar a exclusion social na que malviven centos de vigueses.



Ademais "O Vigo que non sorrí" mostra a dura realidade de moitos veciños e veciñas dunha das cidades máis grandes de Galicia. As fotografías se poden ver que foron tomadas no inverno en diferentes barrios de Vigo ,na que estas imaxes nos intentan transmitir o que está a acontecer na nosa cidade.


 Esta imaxe nos hace reflexionar xa que moitas persoas na cidade intentan rebuscar no lixo por exemplo; ferro, algo útil, algo que vender a cambio duns euros. Mentres a súa muller e a súa filla durmen, él percorre os contenedores para poder sobrevivir a unha situación devastadora. Pero é a única ocupación, o único sustento que lle queda.


Esta outra persoa esta manifestando que a sociedade ten que Solirarizarse contra a miseria e o sufrimento. Tamén organizarse para resistir o paro, a perda das vivendas, a falta de alimentos, de cartos para pagar a luz e a auga, de dereitos que foron recortados. E o máis importante Loitar para recuperar o camiño devastado pola estafa chamada crise.



Esta outra imaxe chama a atención de como unha persoa pode estar durmindo na calle todos os días sen ter nada , ni unha familia , nin auga ,ni alimentos , nin un lugar seguro onde vivir... esta imaxe a vemos todos os días pola noite, xa que en VIgo máis de dúasscentas persoas se encontran en situacións moi devastadoras, sen dereitos.


E para rematar vemos no video imaxes de persoas que lles ocorre esto: víctimas de desemprego, a pobreza, os malos tratos ou o abandono institucional dos últimos anos...
E tamén destaca como os activistas loitan por un Vigo máis xusto e igualitario. Ademais o obxectivo da exposición e situar no centro do debate esa parte da cidade que queda sempre en segundo plano.

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/01/14/muestra-o-vigo-non-sorri/1819552.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario